EUREKA | MIKEL BERMEJO

EUREKA | MIKEL BERMEJO

Prepárate para escangallarte de risa co exitoso show de Mikel Bermejo, ¡Eureka! Este crack tráenos a súa visión sobre os temas máis candentes da actualidade e lévanos nunha viaxe polas marabillas e loucuras da vida moderna. Son lxs influencers os novos filósofos gregos? Danche receitas de 1 ingrediente e dinche que te ergas ás 5 da mañá para facer burpees pero logo eles teñen a cama sen facer.

Quen a liou máis parda de festa? E por que sempre hai alguén con batería no móbil ás 6 da mañá para gravar como saltas entre colectores e caes dentro do amarelo? Alcanzou a estupidez humana o seu cume? Pista: si.

En Eureka, Mikel Bermejo resolverá estes misterios que quitan o sono tanto a Arquímedes como ao teu veciño do quinto. Non o perdas e ri a gargalladas!

INFORMACIÓN PMR:

Necesitas un espazo para cadeira de rodas ou unha butaca adaptada? Escríbenos a info@nemoentradas.com indicando evento, sesión, tipo de praza que necesitas e nº de acompañantes. Enviarémosche unha ligazón persoal para comprar en liña. Tamén podes adquirilas na billeteira o día do evento de 19:30 a 20:30 h.

■ Entradas suxeitas a dispoñibilidade ■
  • AUDITORIO DE MARÍN
  • 06 de novembro de 2026 - 20:30
  • 13,30 (IVE e gastos incluidos)

IDADE RECOMENDADA: +14