Unha xornada pensada para gozar do humor na mellor compañía e deixarse levar polas ganas de pasalo ben. Para conseguilo, sobre o escenario reúnese un tridente de luxo: Danny Boy, David Amor e Leti da Taberna.
Tres voces con estilos moi diferentes, pero unidas por algo en común: unha capacidade inesgotable para transformar calquera situación nunha boa dose de humor.
Unha sesión especial, chea de risas, complicidade e moita enerxía, na que estes tres referentes compartirán escenario para ofrecernos unha experiencia única e, sobre todo, moitas razóns para rir.
Vinde con ganas de gozar, que das gargalladas xa se encargan eles.
INFORMACIÓN PMR:
Necesitas un espazo para cadeira de rodas ou unha butaca adaptada? Escríbenos a info@nemoentradas.com indicando evento, sesión, tipo de praza que necesitas e nº de acompañantes. Enviarémosche unha ligazón persoal para comprar en liña. Tamén podes adquirilas na billeteira o día do evento de 20:00h a 20:30h.
(Entradas suxeitas a dispoñibilidade)